

Educación Responsable:
Banco de Ferramentas E.P. 6º
Fagamos as paces coa beleza
Novembro, 2015
SESIÓN 1: Análise do cadro de Paul Klee, "Pueblo en la Montaña". Sesión dialóxica para achegarnos á idea do autor na súa obra. Valoración persoal do cadro. Avaliación da sesión dialóxica. Esta é a rúbrica para a avaliación dialóxica
SESIÓN 2: Elaboración de versións libres de "Pueblo en la Montaña".
SESIÓN 3: Visionado do material proposto para reflexionar sobre a beleza e as diferentes formas de entendela.
Somos respectuosos cando valoramos a beleza? Ante o mesmo cadro podemos reaccionar de xeitos moi diferentes:
SESIÓN 4: A cor dos compañeiros. Mediante a técnica do folio-adxectivo, facemos a nosa valoración -respectuosa dos nosos compañeiros. Despois, mediante unha ferramenta web, cada alumno ten que facer un video do compañeiro que lle toque, no que recolla as descricións de todos.