top of page

O fin desta tarefa non é máis ca a expresión emocional que deriva de comprender que, non só no Nadal, pero especialmente nel, as persoas precisamos COMPARTIR.

Nace así un fin de festa para esta tarefa complexa que se convertiu, tamén, no remate do festival de Nadal: un vídeo filmado e editado polo alumnado de 5º e 6º. Nel conflúen os obxectivos para este fin de trimestre dos programas Cine en Curso e Educación Responsable.

Amosa aquelas emocións que o noso alumnado e profesorado foron quen de compartir durante este inicio de Nadal e que desde a súa estrea (o 17 de decembro) forma parte dos recordos de toda a Comunidade Educativa, nunha mostra máis de apertura e desexo de participación. A nosa intención era expresar, previa xestión, as emocións que aí se verteran. Porén, o visionado do noso traballo foi un momento de emocións non contidas. Será que cumpriu, entón, o seu fin?

bottom of page