top of page

Os mellores resultados para compartir

BANCO DE FERRAMENTAS - 6º.
En coordinación co programa CinemaEnCurso, o alumnado de 6º, no desenvolvemento da tarefa "Compartindo alegría" de ER, filma e edita este vídeo para o Festival de Nadal
Durante o mes de xaneiro celebramos a Semana da Paz e quixemos aprender moito sobre as cartas, os carteiros e o servizo de Correos. Podes ver toda a liña de traballo aquí.
 
Tamén nos carteamos cos centros cos que compartiamos algún proxecto e, claro está, os centros de Educación Responsable foron parte deles.
Porque ser feliz é un dos obxectivos escolares máis importantes, celebramos o Happy Day.
 
Este é o noso achegamento á felicidade da man da música.
 
Se queres saber máis, este é o enlace.
O traballo colaborativo tamén foi un dos pratos fortes deste curso en ER.
 
Aquí tedes o noso mural colaborativo de ReflexArte.
Compartir coas familias está no noso ánimo. Este é o vídeo que recolle o mellor do Festival das Emocións, un momento de presentar o noso traballo en ReflexArte e o Coro das Emocións.
O traballo colaborativo acadou un momento clave durante o desenvolvemento de liñas conxuntas de traballo no Proxecto Europeo eTwinning "Conhecemo-nos com os outros" levado a cabo cun centro portugués e outro catalán.
bottom of page