top of page
octubre2 050
IMG_3845
DSC_0004
octubre2 050
1/7
EDUCACIÓN RESPONSABLE
Un maio longo de emocións
Educación Responsable instaurou, no noso cole, un feliz día, o Festival das Emocións, un momento para compartir coas familias os nosos traballos en ReflexArte e O Coro das Emocións.
Este ano, o festival, que levou por nome Un Maio Longo de Emocións, xuntounos arredor das Letras Galegas. O completo programa foi:
- Adivina canto te quero (Unha lectura emocionante dos nenos de primeiro)
- Galicia (Unha aproximación emocional a Manuel María, o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2016)
- Happy (estrea para as familias do vídeo elaborado en Gal-emo-cinéma-te, unha versión do tema musical para festexar o HappyDay)
- O Coro das Emocións, coas seguintes pezas:
Maio Longo
Fisterra
Kuku ué
Cubanita
Mi gran noche
A variedade das pezas deleitou aos presentes, en especial ás familias, que á nosa proposta, elaboraron un corcho colaborativo no que nos deixaron escritas as emocións coas que saíron da actuación.
De novo, a carón da música, encontramos un espazo compartido para educar e emocionarnos, un lugar e un tempo no que todos respiramos os mesmos intereses e deixamos fluír os sentimentos.
bottom of page